StrofadesYendeon
| Strofades - Στροφάδια | |
|---|---|
| Στροφάδια | |
Monasterio de Strofades | |
E o pequeno illote ó sur da illa de Zante (1) | |
| Situación | |
| País | Grecia |
| Periferias de Grecia | Illas Xónicas |
| Arquipélago | Illas Xónicas |
| Mar | Mar Mediterráneo |
| Coordenadas | 37°15′N 21°00′L / 37.250, -21.000 |
| Xeografía | |
| Xeoloxía | Arquipélago (2 illas) |
| Superficie | 1´356 km² |
| Demografía | |
| Poboación | 1 (2011) |
Strofades (en grego Στροφάδια; en latín Strophades; tamén illas Stamfani; Strivali) é un grupo de dúas pequenas illas de Grecia nas illas Xónicas. Están situadas a uns 44 km. ao sur-sueste da illa de Zante. Administrativamente forman parte do municipio de Zante.
A illa máis grande, Stamfani, está habitada por unha soa persoa, un monxe que vive na única edificación da illa, un impresionante monasterio antigo. A illa máis pequena chamase Arpía. Ningunha das dúas illas, moi rocosas, ten moita vexetación. As illas son propiedade da Igrexa Ortodoxa Grega, que prohibiu a caza.[1] Hai unha gran presenza de aves, entre as que se pode atopar a Pardela cincenta (Calonectris diomedea) e paseriformes migratorias. Tamén hai unha gran migración primaveral de tórtolas (Streptopelia turtur).
Índice
- 1 As Strofades na cultura
- 2 Notas
- 3 Véxase tamén
- 3.1 Outros artigos
- 3.2 Ligazóns externas
As Strofades na cultura[editar | editar a fonte]
As illas Strofades identificabanse co lugar onde habitaban as harpías. Virxilio afirma que as harpías conduciron os troianos desde as Strofades (Eneida iii, 209 passim.). As illas tamén se mencionan na Divina Comedia e aparecen no capítulo 10 do Quinto libro de Gargantua e Pantagruel de Rabelais.
De acordo coa lenda, o nome das illas, que quere dicir "illas do retorno", fai referencia a Zetes e Calais, fillos de Bóreas, que viaxaron cos Argonautas. Zetes e Calais rescataron a Fineo das harpías. Lograron facer fuxir aos monstros pero non os mataron a petición da deusa do arco da vella, Iris, que lles prometeu que as harpías non volverían molestar a Fineo. As harpías foron «devoltas» ás Strofades por Iris cando querían volver perseguir as criaturas.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ [1]
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2014. Consultado o 28 de xaneiro de 2013.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Strofades |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
- Outras illas gregas
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Important Bird areas of Greece (en inglés)
|
Coordenadas: 37°15′N 21°00′L / 37.250, -21.000